Category Archive Formación

Curso de Dereito de Estranxeiría 2019

AMPLIAMOS O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE OUTUBRO

Segundo regula o artigo 30 do Regulamento de Xustiza Gratuíta de Galicia, corresponde ao Consello da Avogacía Galega ofrecer aos avogados e avogadas da Quenda de Oficio unha formación suficiente que garanta a prestación da asistencia xurídica gratuíta consonte a uns estándares de calidade axeitados.

En exercicio desas competencias en materia de formación da avogacía, o Consello presenta unha nova edición deste curso, en modalidade en liña, que permitirá ao profesional adquirir os coñecementos necesarios neste eido, e acreditalos para acceder ás listaxes especiais da Quenda de Oficio, cando lle fora esixido.


De interese:

  • Coordinación: Juan José Vázquez Rodríguez, asesor xurídico e xefe da Unidade de Asesoramento ás Migracións do Concello da Coruña.
  • Autoría dos materiais:
    • Juan José Vázquez Rodríguez é autor dos módulos 1 ao 6 do curso, desde a primeira edición do curso, no ano 2013. O temario actualizouse con novos epígrafes e as modificacións lexislativas que afectan á materia.
    • O módulo 7, de trata de seres humanos, é de elaboración propia e contou coa colaboración de Elsa Antonia Mateo Díaz, avogada especializada en estranxeiría, inmigración e Dereito penal.
  • Modalidade: en liña.
  • Nº horas: 100.
  • Prezo:
    • De balde, para colexiados/as exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
    • 70 € para colexiados/as non exercentes.
  • Prazo de matrícula: ata o 15 de outubro do 2019.
  • Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
  • Remate do curso: 28 de febreiro do 2019.



Para máis información:

Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia.

IMPORTANTE: estamos a realizar melloras na plataforma formativa. En breve, poderás descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte en calquera curso (que non sexa gratuíto), lembra actualizar AQUÍ os teus datos de facturación. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.


Acceso á aula virtual

Curso de Dereito de Familia

O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais.

Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade , faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar.

Tags, , Read More

Curso de Dereito Concursal

A necesidade que teñen os letrados e letradas de formarse no Dereito Concursal radica na importancia de coñecer os principios básicos que inspiran o conxunto de normas xurídico privadas que se ocupan de regular as crises económicas empresariais.

Neste curso analízanse todas as cuestións que determinan as actuacións a levar a cabo no procedemento concursal e que desembocan no auto de declaración do concurso, e todo actualizado segundo os cambios introducidos pola última normativa.

A formación é impartida integramente en liña e supón 90 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

José Ignacio Losada Castillo, avogado e administrador concursal, será o formador responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 70 €
  • Colexiados/as non exercentes: 90 €

 

Máis información

Tags, ,

Curso de Sociedades Mercantís

Neste curso realízase un profundo estudo dos órganos sociais que interveñen no tráfico mercantil das sociedades anónimas, xunto co réxime de disolución e liquidación que afecta a este tipo de sociedades, así como as operacións de ampliación e redución de capital.

A actividade formativa consta de dez unidades temáticas, que permitirá a autoavaliación dos alumnos e alumnas a través de cuestionarios de corrección automática.

A formación é impartida integramente en liña e supón 60 horas lectivas. O prazo para a realización do curso remata o 30 de setembro do 2018.

Sara Menor  Conde, avogada e profesora na área de Dereito Mercantil na Universidade de Vigo, será a formadora responsable de atender as dúbidas dos alumnos.

 

Esta formación xurde dunha colaboración entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de colexiados e colexiadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Inscrición

O prazo de inscrición remata o 30 de abril do 2018. A matrícula realizarase a través da aula virtual, http://avogacia.gal/formacion .

Prezo do curso:

  • Colexiados/as exercentes e alumnos/as de Máster: 50 €
  • Colexiados/as non exercentes: 70 €

 

Máis información

Tags, ,

Apertura da matrícula de novos cursos

O Consello abre a matrícula para dous cursos en liña, dirixidos aos profesionais da avogacía galega:

Read More

Uso de cookies

En esta página web utilizamos cookies para recopilar datos sobre hábitos de navegación consecuencia del uso de cookies analíticas de Google y de redes sociales. Para aceptar su uso pulsa “ACEPTAR”. Más información en la Política de Cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies